SANDE Y DÍAZ, con sede en Galicia, é unha empresa adicada á comercialización, instalación e fabricación de maquinaria industrial, especializada en equipos de bombeo, o tratamento de augas de proceso para todo tipo de industrias e a depuración de augas residuais para pequenas poboacións.
Fundada no 1975, dende os seus inicios a compañía comercializa maquinaria industrial para o sector naval e terrestre: BOMBAS AZCUE, compresores, repostos de motores, etc. No ano 1985, ampliando a gama de produtos e servizos, comenza a especialización no tratamento de augas. No 1995 fabrícanse as primeiras depuradoras biolóxicas denominadas DEPURSAN, que aforran un 80% da enerxía consumida por unha depuradora convencional. O ano 2008 viu cumprido de forma exitosa o relevo xeracional na empresa, chegando sangue nova que soubo dar un salto a novos mercados e a novos servizos relacionados co medio ambiente.
A gran experiencia acumulada permite a SANDE Y DÍAZ ofrecer asesoramento técnico e aportar a solución máis axeitada para cada caso. Existe na empresa unha tradición de compromiso coa calidade e co cliente que se reflexa na fidelidade de estes.