logo  
Novas

imagen

SISTEMAS ULTRAVIOLETA 16000 HORAS
6/21/16 Dende SANDE Y DÍAZ – TECNOLOXÍAS DA AUGA prácenos anunciar a nosa nova liña de produtos para a desinfección de augas mediante radiación Ultravioleta, gracias ó acordo de distribución alcanzado coa marca danesa ULTRAAQUA. Características destacadas: - Lámpadas UV Ultratherm de alta eficiencia, ata 16.000 horas de traballo garantido. A DURACIÓN MÁIS ALTA DO MERCADO. - Os seus sofisticados Controladores Electrónicos de alta frecuencia están constantemente recibindo información das lámpadas Ultratherm adaptándose dinámicamente para asegurar unha axeitada prestación cando as condicións de temperatura mudan. - Enerxeticamente eficientes. A combinación das lámpadas Ultratherm e os Controladores Electrónicos de Ultraaqua son os máis eficientes do mundo, aportando un grande aforro de enerxía. - Cadros de control con pantalla táctil coa información relevante a un toque de dedos, con posibilidade de conexión a un sistema SCADA. - Sistema opcional de lavado de lámpadas totalmente automático. - Sensor Ultravioleta Önorm dixital opcional. Consúltenos as súas necesidades en equipos UV. Diferentes equipos para diferentes necesidades.
imagen

A NECESIDADE DE SISTEMAS DE AUTOCEBADO
12/31/14 Un equipo de autocebado permite extrae-lo aire dunha turbina de aspiración dunha bomba que non sexa autoaspirante. Ofrece a oportunidade a unha bomba centrífuga, coas súas vantaxes de sencillez, fiabilidade, longa vida útil e bo rendemento hidráulico, de se converter nunha bomba autocebada. SANDE Y DÍAZ dispón de equipos de cebado AZCUE de funcionamento automático, con electrobombas de autocebado independente de anel líquido, ou con exectores de aire, así como sistemas portátiles para ser utilizados en bombas principais de calquera marca.
Máis info...
imagen

Política de calidade de SANDE Y DÍAZ
3/13/14 Entre os principios e obxectivos que rexen SANDE Y DÍAZ están o satisfacer as necesidades e expectativas dos nosos clientes e o promover a Xestión de Calidade e a Mellora Continua en todos os procesos. Ademais, traballamos para previr e minimizar a contaminación e o impacto ambiental que puidese xerar a actividade da Empresa. É por iso que en SANDE Y DÍAZ contamos cun Sistema de xestión Integrado de Calidade e Medio Ambiente baseado nas Normas ISO 9001:2008 e ISO 14001:2004. Todo co obxectivo de ofrecer un mellor servizo aos clientes e á sociedade.
imagen

Intercambiadores de calor de SANDE Y DÍAZ
2/7/14 SANDE Y DÍAZ dispón de intercambiadores de calor tubulares compatibles con varias marcas, aptos para tódalas aplicacións de enfriamento ou de quecemento líquido – líquido, e particularmente para aceite ou gasóleo e auga, tanto doce como salgada. Asimesmo fabrícanse repostos conforme mostras. Trátase dunha extensa gama de aparellos equipados con faces tubulares, fácilmente desmontables para simplificar ao máximo o seu mantemento ou inspección e estudados para tirar deles a máxima transferencia de calor. Entre as súas aplicacións cabe destacar o enfriamento de motores mariños, reductores ou equipos hidráulicos, enfriamento de gasóleo, circuitos hidráulicos de maquinaria ou enfriamento en xeral de auga en procesos industriais. Os servizos técnicos de SANDE Y DÍAZ están ao seu dispor para aconsellalo na elección do enfriador que precise.
imagen

SYD na xornada Depuración en Biodiscos
1/8/14 O pasado mes de decembro de 2013 celebrouse na Universidade de Estremadura a Sesión "Depuración por Biodiscos" dentro dos Encontros sobre Depuración de Augas Residuais de Baixo Custo para Pequenas Poboacións. SANDE Y DÍAZ foi unha das empresas participantes na xornada, que versou sobre o tratamento de augas mediante a tecnoloxía de biodiscos, tecnoloxía que SANDE Y DÍAZ desenvolve nas súas depuradoras DEPURSAN. O obxectivo do evento era analizar a viabilidade e idoneidade deste tipo de depuradoras (baseadas en Contactores Biolóxicos Rotativos) para depurar augas residuais urbanas en pequenas poboacións. Nos diferentes relatorios destacáronse os puntos fortes deste sistema como "o reducido custo de mantemento" e a "menor necesidade de obra civil", así como a exposición de experiencias de diferentes empresas con estas instalacións.
imagen

Plantas de potabilización de SANDE Y DÍAZ
10/22/13 SANDE Y DÍAZ presenta as súas plantas de potabilización para uso industrial ou municipal adaptadas a calquera necesidade e consumo cun baixo custo de mantemento e explotación. Utilizámo-los procesos máis eficaces e fiables como ósmose inversa, nanofiltración, ultrafiltración, electrodesionización ou sistemas baseados nas novas tecnoloxías. Todos estes equipos son totalmente automáticos, cun baixo custo de mantemento e explotación, reducindo os custos por metro cúbico de auga tratada. As nosas plantas son compactas para facilitar o transporte, a montaxe e a posta en marcha. Ademais, en SANDE Y DÍAZ ofrecemos plantas aloxadas dentro de colectores marítimos para facilitar o traslado e aforrar na Obra Civil. Para un maior control ofrecemos equipos para Comunidades e Concellos dotados de moedeiros ou tarxeteiros electrónicos, podendo fixar unha cantidade de auga para o consumo dos seus habitantes.
imagen

Estación de bombeo no Porto do Son
9/6/13 Dende o verán do 2013 os veciños da parroquia de Miñortos, no Porto do Son, poderán disfrutar do servizo de submidoiros, debido á posta en marcha do novo bombeo da praia da Ornanda realizado pola empresa SANDE Y DÍAZ. O bombeo está preparado para 3 bombas sumerxibles de augas residuais de 11 Kw de potencia e inclúe caldeirería de 90 mm de diámetro, cestón de grosos en aceiro inoxidable, válvulas de retención e de peche, e cadro eléctrico con sistema de alertas remoto GSM con avisos a móbiles. Ademáis, a empresa encargouse de realizar unha revisión e posta en marcha doutros bombeos nesa zona que levaban máis de 2 anos sen traballar e que conxuntamente permitirán por vez primeira o uso desta infraestructura.
imagen

Máis dun 80% de satisfacción
6/25/13 Como parte da súa política de Calidade baseada na norma ISO 9001, SANDE Y DÍAZ realizou unha enquisa de Satisfacción entre os clientes máis importantes do ano 2012 co obxectivo de medi-la súa valoración. Os resultados reflicten máis dun 80% de satisfacción global con respecto ós nosos produtos e servizos. O concepto peor valorado, cun 65%, foi o prezo dos nosos produtos, mentres que o noso trato co cliente está valorado cun 95% de satisfacción. Os comentarios máis abundantes destacan a profesionalidade e a implicación de SANDE Y DÍAZ cos seus clientes así como a nosa capacidade de Resolución de Incidencias. Estes datos axúdannos a seguir traballando e detectar áreas de mellora para ofrecer un mellor servizo.


                  Telf: (+34) 981 174 209                            Fax: (+34) 981 174 472                    e-mail: sandeydiaz@sandeydiaz.com