Política de privacidade

1. IDENTIFICACIÓN DO RESPONSABLE DE TRATAMENTO 

SANDE Y DÍAZ, S.L., entidade con CIF B15033558 e con enderezo en R/ Novoa Santos, 11-baixo, 15006 A Coruña, é a Responsable de tratamento dos diferentes datos persoais que se recollen para unha correcta prestación do noso servizo.

É o noso obxectivo tratar os datos persoais con total transparencia, aportando sempre as maiores garantías de confidencialidade e seguridade. É por iso que lle queremos explicar de maneira precisa o motivo e o xeito que temos de recompilar, almacenar, compartir e utilizar os seus datos persoais, así como os dereitos que pode exercer con respecto a estes tratamentos.

Poñemos á disposición dos nosos interesados o enderezo de correo electrónico  sandeydiaz@sandeydiaz.com  ao que se poden dirixir de modo directo e efectivo sempre que teñan calquera pregunta ou dúbida acerca do tratamento dos seus datos persoais ou cando desexen comunicarse con nós.

2. RECOMPILACIÓN E TRATAMENTO DOS DATOS PERSOAIS

En  SANDE Y DÍAZ tratamos os datos facilitados polos nosos interesados coas seguintes finalidades:

  • Xestionar adecuadamente a relación comercial subscrita cos nosos clientes, así como a organización, prestación e a posterior xestión administrativa do servizo/venda. A base xurídica deste tratamento é a de execución do contrato.

  • Envío aos nosos clientes de información comercial relacionada cos nosos servizos.

  • Manter as relacións comerciais cos nosos provedores de bens e servizos sendo a lexitimación desta finalidade novamente a de execución dun contrato.

  • Creación dunha base de datos de CV e utilización dos mesmos cando se inicie algún proceso de selección, sendo a lexitimación deste tratamento o consentimento prestado polo propio interesado cando nos fai chegar o seu curriculum.

  • Dar resposta ás consultas realizadas a través do apartado “Contacto” da nosa web. Posteriormente SANDE Y DÍAZ pode usar os datos de contacto facilitados no formulario (nome e enderezo de correo electrónico) para o envío de información acerca de servizos prestados pola nosa empresa relacionados coa consulta realizada, baseándonos para elo no consentimento expreso outorgado polo interesado.

  • Atender cantas peticións nos formule un usuario a través das nosas Redes Sociais. Os datos fornecidos só serán usados para dar resposta as súas consultas, sendo a base xurídica deste tratamento o consentimento expreso amosado ao facerse “seguidor” das mesmas.

En tódolos casos, os datos proporcionados se conservarán mentres se manteña a relación contractual ou en tanto o interesado non solicite a súa supresión ou exercite o seu dereito de oposición. Unha vez finalizado o contrato, conservaranse os datos debidamente bloqueados durante todo o tempo que sexa necesario para atender ás obrigas legais que en materia fiscal ou noutro ámbito afecten a SANDE Y DÍAZ. SANDE Y DÍAZ non cede nunca datos a terceiros, salvo que exista obriga legal, sexa necesario para a execución dun contrato ou obteña o consentimento dos interesados. Tampouco están previstas transferencias internacionais dos mesmos.

3. COOKIES

 ¿Qué son as cookies?
As cookies son arquivos cuhna pequena cantidade de datos, que poden incluir un identificador único anónimo. As cookies envíanse ao seu navegador dende un sitio web e gárdanse no disco duro do seu ordenador.

Uso de cookies
Coma moitos sitios, utilizamos "cookies" para recopilar información. Pode indicarlle ao seu navegador que rexeite tódalas cookies ou que indique cándo se envía unha cookie. Así a todo, se non acepta as cookies, é posible que non poda utilizar algunhas partes do noso sitio.

¿Qué tipos de cookies utiliza este sitio web?

· Cookies técnicas
Son aquelas creadas e xestionadas únicamente por nós, e permiten ao usuario a navegación polo noso sitio web e o uso de diferentes opcións como identificar a sesión, personalizar información ou acceder a áreas restrinxidas.

· Cookies de análise
Son aquelas que, ben pola nosa parte ou a de terceiros, permítennos cuantificar o número de usuarios e así realizar unha medición e análise estatístico da utilización que os usuarios fan do servizo ofertado. Así é cómo se analiza a navegación no noso sitio web, co fin de mellorar a gama de produtos ou servizos que lle ofrecemos.

¿Cómo deshabilitar as cookies?
Pode permitir, bloquear ou eliminar as cookies instaladas no seu equipo mediante a configuración das opcións do navegador de cookies instaladas no seu equipo.

4. MEDIDAS DE SEGURIDADE 

 Todos os datos son tratados de conformidade co disposto nas normativas vixentes en protección de datos persoais, e máis concretamente conforme á Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPD).

Así mesmo, cúmprense os principios descritos na LOPD, polo que os datos son tratados de xeito lícito, leal e transparente en relación co interesado e de maneira adecuada, pertinente e limitada ao necesario en relación cos fins para os que son tratados.

Co obxectivo de salvagardar a seguridade dos datos persoais, SANDE Y DÍAZ implantou todas as medidas de índole técnica e organizativa necesarias para garantir a seguridade dos mesmos, a súa alteración, perda e tratamento ou acceso non autorizados. 

5. DEREITOS EN MATERIA DE PROTECCIÓN DE DATOS

En calquera momento pode exercer o interesado os seus dereitos dirixíndose ao enderezo postal arriba indicado ou ao enderezo electrónico  sandeydiaz@sandeydiaz.com , especificando o dereito que quere exercer, respecto de que datos persoais e achegando unha copia do seu DNI. En particular, a LOPD outórgalle os seguintes dereitos:


  • Dereito de acceso e Dereito de rectificación. Vostede ten dereito a ser informado e solicitar acceso aos datos persoais sobre vostede que procesamos ou á súa rectificación cando sexan inexactos.

  • Dereito de supresión. Vostede ten dereito a solicitar que se eliminen os seus datos persoais.

  • Dereito á limitación do tratamento. Vostede ten dereito a solicitar que se deteña o procesamento de xeito temporal ou permanente de todos ou algúns dos seus datos persoais.

  • Dereito de oposición. A oposición ao tratamento dos seus datos cando a base xurídica para o tratamento sexa o interese lexítimo de  SANDE Y DÍAZ ou por motivos relacionados coa súa situación particular.

  • Dereito á portabilidade. Vostede ten dereito a solicitar unha copia dos seus datos persoais en formato electrónico e o dereito a transmitilos para usalos no servizo a un terceiro.


Igualmente, informámoslle da opción de presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos en caso de considerar que cometemos unha infracción respecto ao tratamento dos seus datos persoais.