"O coñecemento tórnase obsoleto, pero a sabiduría pasa de xeración en xeración. Apreciamos a sabiduría"
Hirotaka Takeuchi

Quen somos

                              SANDE Y DÍAZ  é especialista en equipos de bombeo dende 1975 para aplicacións navais e industriais. Ofrecemos produtos e solucións integrais en tratamento da auga, control de fluídos e depuración de augas residuais, brindando unha atención personalizada e profesional tanto en proxectos pequenos coma nos de maior envergadura

Odoo image and text block

Dende Galicia a toda Europa


SANDE Y DÍAZ é unha empresa privada con sede en Galicia que subministra maquinaria industrial principalmente a nivel nacional pero tamén en toda Europa. Os principais mercados aos que nos diriximos son a industria naval, alimentación e bebidas, acuicultura, tratamento da auga e augas residuais e industria en xeral.

A integridade dirixe todo o noso pensamento, comportamento e a forma na que alimentamos as relacións cos nosos clientes. Suministramos produtos e tecnoloxías basados nos máis altos estándares de calidade, certificados e homologacións, para os entornos industriais máis esixentes. O noso compromiso co cliente reflíctese na súa fidelidade.


Integridade, calidade e orientación ao cliente

Odoo image and text block
Odoo image and text block

Máis de 45 anos de experiencia


A nosa grande experiencia acumulada traballando con bombas, produtos de tratamento da auga e instrumentos de control de fluídos, asesorando aos nosos clientes e resolvendo múltiples problemas prácticos, avala a nosa profesionalidade e permítenos ofrecer asesoría técnica e brindar a solución máis axeitada para cada caso.

 

 

Historia

1975
Fundación
A empresa é fundada polo Sr. Sande e o Sr. Díaz, quen tiñan unha longa experiencia técnica en maquinaria para o sector naval. Brindaron un asesoramento técnico moi valioso aos primeiros clientes

1975
Bombas Azcue SA
Fírmase un acordo de representación con BOMBAS AZCUE como seu primer axente no mundo. É así como se incorporan estas fiábeis e prestixiosas bombas navais ao noso volume de suministro 

1985
Tratamento da auga
 A especialización en produtos e servizos no tratamento da auga comeza cos primeiros proxectos en industrias en terra: filtración, desferrización, tratamentos anticorrosión, ...

1995
Líderes en bombas
O traballo continuo e o saber facer posicionan á nosa empresa e a Bombas Azcue como líderes no mercado da construción naval, na nosa área de influencia, cunha cota de mercado cercana ao 90%


2008
Relevo xeracional
 Tras anos de preparación prodúcese un exitoso relevo xeracional na xestión da empresa. A nova dirección impulsa novos proxectos no sector medioambiental


2012
Certificados
Os nosos certificados ISO 9001, do sistema de xestión da calidade, e ISO 14001, do sistema de xestión ambiental, acreditados por LLoyd's Register, garanten a calidade i eficiencia das nosas operacións, así como o compromiso co medioambiente


2017
Bernoulli System AB
Acordo de colaboración co fabricante sueco para a distribución de filtros autolimpantes automáticos e separadores ciclónicos


2019
Expansión xeográfica
Coa axuda de novos socios europeos e a asistencia como expositores a feiras internacionais do sector da auga, o noso área de actuación exténdese a toda Europa en produtos para a filtración e desinfección de auga

Competencias

Asistencia profesional

fornecendo a opción máis axeitada para cada caso

Confianza do cliente

só equipos de primeira calidade e certificados

Servizo postvenda

ao cliente durante todo o ciclo de vida do produto

12 meses de garantía

tranquilidade ante calquera defecto de fabricación 

Enxeñaría de procesos

solucións en xestión de fluídos para procesos industriais

Chave en man

encargámonos de todo no teu proxecto de tratamento de auga

Pezas orixinais

  que garanten fiabilidade e longa vida útil

Almacén

grande stock para acurtar os tempos de entrega de repostos e bombas pequenas

Resolución de problemas

a experiencia axúdanos a tomar boas decisións

Servicio de reparación

para todas as marcas dos nosos socios

Especialistas en

equipos de bombeo tratamento da auga e depuración de augas residuais

Non dubides en poñeres en contacto con nós e cóntanos o qué podemos facer por ti