Empresa de
solucións
Ofrecemos servizos de mantemento planificado e mantemento correctivo que garanten que a súa instalación de bombeo esté sempre en óptimas condicións. Tamén contamos cun servizo de reparación de equipos, onde utilizamos únicamente repostos orixinais, o que minimiza o tempo de inactividade da súa instalación. Un gran stock no noso almacén da Coruña, tempos de entrega xeralmente máis cortos ca os dos nosos competidores e unha loxística de entrega áxil permítennos maximizar a dispoñibilidade
Instalación, posta en marcha e
solucións chave en man
Os nosos técnicos teñen anos de experiencia e coñecemento de múltiples sistemas, o que garante que o seu proceso completo funcione correctamente
Instalacións de sistemas e bombas
Sistemas de filtración
Sistemas de dosificación de produtos químicos
Modificación e instalación de tuberías e válvulas
Plantas potabilizadoras de tratamento de augas chave en man
Instalacións de sistemas de desinfección de auga
Instalacións de tanques e recipientes a presión
Sistemas de compresores e equipos de aire a presión
Instalacións de automatismos e cadros de control
Sistemas de tratamento de augas industriais
Localización de averías e identificación das causas
Instalacións de equipos de medición de caudais
Instalacións de sistemas de procesos industriais
Instalacións de sistemas de protección contra incendios
Soporte técnico

Máis de 45 anos de experiencia permítennos brindar valor engadido aos nosos clientes

Propoñemos solucións fiables en depuración de auga, tratamento de auga e control de fluídos

Selección da bomba máis axeitada para o seu sistema de transporte de fluídos

Amplia colaboración con
empresas de enxeñería
nos seus proxectos técnicos
Repostos orixinais
Amplio stock de repostos orixinais das marcas das que somos axente autorizado á súa disposición.
Pense en cómo as pezas orixinais poden beneficiar á súa empresa
Garantía
Os repostos orixinais permítennos seguir ofrecendo a garantía do fabricante do equipo. Lembre que o uso de repostos xenéricos ou modificados pode anular a garantía do equipo
Funcionalidade
Os fabricantes axustan os seus equipos para permitiren aos seus clientes maximizar o rendimento e a produción dos seus sistemas ao garantir a actualización dos seus repostos orixinais
Compatibilidade
Aínda que se parezan e poidan funcionar igual, os repostos xenéricos non teñen necesariamente a mesma composición ca os orixinais. Pezas que non se fabrican coas mesmas tolerancias, buratos que non están aliñados provocando un mal axuste durante a instalación, soldadura deficiente que pode provocar fendeduras e estragar a calidade de todo o conxunto. Os repostos orixinais teñen un atributo importante en comparanza cos xenéricos: compatibilidade
Dispoñibilidade
Entendemos que o tempo de inactividade é extremadamente custoso, polo que almacenamos os componentes máis comúns e esenciais para o funcionamento do seu equipo. Para o resto de compoñentes, a disponibilidade habitual é dunhas 2 semanas - consúltenos polo seu caso
Durabilidade
O uso de repostos orixinais é fundamental para alongar a vida útil do equipo. As pezas orixinais están deseñadas para durar cumprindo os parámetros de fábrica, o que aumenta os intervalos entre mantementos
Calidade
Ninguén coma o fabricante coñece o seu equipo. Os repostos orixinais están deseñados especificamente para eles, con materiais e procesos de fabricación que requiren os seus propios controis de calidade




Servizo postventa
Procuramos a comodidade e máxima satisfacción dos nosos clientes logo de realizaren a súa compra
Manter o contacto cos nosos clientes permítenos identificar eidos de mellora e ao longo prazo mellorar o produto
Equipo técnico a disposición do cliente co saber facer preciso para solucionar calquera problema que poida xurdir no uso, configuración ou instalación do produto
Garantía do produto contra defectos de fabricación e servizo de xestión de cambios ou devolucións con recargo
Mantemento de instalacións
Servizo de mantemento preventivo, mantemento correctivo e servizo de urxencias 24 h
Os plans de conservación ou mantemento preventivo inclúen inspeccións periódicas da súa maquinaria, co fin de comprobar o seu estado i evitar futuras avarías
Realizar un bo mantemento da maquinaria fai que a súa instalación sexa máis rendible a longo prazo, evita paralizar o proceso produtivo por avarías e permite alongar a vida útil dos equipos, o que supón unha grande vantaxe competitiva
O mantemento correctivo encárgase de arranxar ou realizar unha mellora na maquinaria en caso de emerxencia. Os nosos contratos de mantemento inclúen este tipo de actuacións, que se levan a cabo previa aprobación do presuposto
O servizo 24 horas ponse a disposición do cliente para atender emerxencias ou avarías provocadas por eivas distintas aos de mantemento
Servizo de reparación
Identificar a causa principal da falla do equipo é clave para garantir que poidamos aconsellar a opción máis efectiva de reparación ou substitución de pezas, o que resulta na eliminación de fallas persistentes do sistema.
O noso equipo ten experiencia na realización de reparacións, dende a simple substitución do selo da bomba ata o reacondicionamento completo da pranta de tratamento de augas residuais. O noso servizo de reparación en taller está especializado nas marcas que representamos.
Garantía
12 meses
garantía ofrecida polos fabricantes contra eivas do fabricante
15 días
servizo de devolución de produtos, sempre que estean en perfectas condicións con recargo
Homologación
produtos homologados polas sociedades de clasificación máis prestixiosas
Almacén
servizo de depósito nas nosas instalacións por tempo limitado