Política de
calidade
Axúdannos a monitorear e mellorar o rendemento e lévannos cara á eficiencia, o servizo ao cliente e a excelencia do produto. Como mostra do noso compromiso, redactamos e publicamos a nosa Política de Calidade e Medio Ambiente, estabelecendo os principios e obxectivos que rexen a nosa actividade
Comprender, analizar e satisfacer
as necesidades e expectativas dos nosos clientes
Previr as causas
que poidan conducir a posibles desacordos
Potenciar a eficacia
dos recursos humanos e tecnolóxicos para asegurar a calidade do noso traballo
Mellorar arreo a calidade
dos nosos servizos e a nosa actitude perante os impactos ambientais que xera o noso negocio
Previr a contaminación
que puidera xerar a actividade da nosa empresa
Optimización de recursos naturais
esgotábeis con especial énfase na reutilización de refugallos inertes, así como a xestión axeitada doutros refugallos
Cumprir coa lexislación vixente
aplicable así como respectar os acordos voluntarios adoptados ou os requisitos dos nosos clientes
Promover a Xestión da Calidade
e a mellora continua a todo o persoal en todos os niveis i en todos os procesos da empresa
Esta política atinxe e é responsabilidade de todos e cada un dos membros da organización e serve de marco para estabelecer os obxectivos de calidade. Polo que a Dirección require que todo o persoal cumpra con este compromiso, participando cada quen coa súa responsabilidade dacordo ao seu posto na organización da empresa. Para iso comunícase a toda a empresa para o seu coñecemento xeral, comprensión e cumprimento e está á disposición de cualquera persoa ou entidade que o solicite. Ademáis, revisámolo, analizamos e actualizamos para a súa continua idoneidade.
Certificados de calidade
Acreditados por Lloyd's Register

ISO 9001: 2015
Certif. do sistema de xestión da calidade
ISO 9001 é unha norma internacional que ten en conta as actividades dunha organización e enfócase na satisfacción do cliente e a capacidade de brindar produtos e servizos que satisfagan as súas demandas.

ISO 14001:
2015
Environmental Management System Certif.
ISO 14001 estabelece os criterios para un sistema de xestión medioambiental e pódese certificar. Define o marco que unha empresa ou organización pode seguir para estabelecer un sistema de xestión ambiental eficiente.