Bombas para piscinas
As bombas de piscina úsanse normalmente en sistemas de purificación de piscinas, balnearios ou instalacións acuáticas. Son bombas pequenas, en materiais plásticos, autoaspirantes e que incorporan un prefiltro na súa entrada. Estas características fan que sexan moi útiles tamén en pequenas cetáreas e na acuicultura
Bomba de piscina Serie estándar
Bombas con prefiltro

A diferenza dunha bomba convencional, estas bombas incorporan un prefiltro para eliminar follas e grandes impurezas. A bomba está construída con materiais capaces de resistir o cloro e outros produtos químicos. Os modelos máis comúns teñen motores de velocidade fixa, pero as bombas de velocidade variable adaptan a súa velocidade e consumo ás necesidades da instalación, reducindo os custos
Características
-
Materiais: polipropileno e fibra de vidro
-
Eixe de aceiro inoxidable AISI 316 e impulsor de noryl
-
Caudais ata 188 m³/h
-
Alturas ata 25 m
-
Modelos especiais con velocidade variable
Aplicacións
-
Acuicultura
-
Pequenas cetáreas
-
Piscinas
Bomba de piscina Serie grande caudal
Sistemas de natación a contracorrente

Bomba extremadamente silenciosa de grande caudal con motores de 1.450 rpm e 2.900 rpm, ideal para sistemas de natación a contracorrente. Son bombas centrífugas que xeran baixas presións e altos caudais, o que as fai ideais para moitos tipos de instalacións
Características
-
Imposibilidade de comunicación eléctrica coa auga, xa que ningunha parte do motor ten contacto co líquido bombeado
-
Pode traballar con auga salgada grazas ao seu selo mecánico AISI-316
Aplicacións
-
Ideais para sistemas de natación a contracorrente
-
Instalacións de refrixeración, trasfegas, etc.