Bombas centrífugas verticais
Nas bombas centrífugas verticais en liña a succión e a entrega están aliñadas para proporcionar un fluxo uniforme de líquido a través do sistema. Son ideais para aplicacións onde o espazo é un problema e para a transferencia de fluídos de baixa viscosidade nunha ampla gama de caudais e alturas
Bomba Azcue Serie LN
Bomba centrífuga vertical en liña para caudais medios e baixos

A serie LN é a versión vertical da bomba horizontal MN. Esta bomba centrífuga vertical ten diferentes eixes e lanternas motor para o mesmo tipo de bomba, dependendo dos diferentes motores e pode ir acompañada dun sistema de autocebado se é necesario
Características
-
Alta eficiencia e baixo NPSH, polo que a bomba ten unha grande capacidade de succión
-
En ferro fundido ou bronce
-
Caudais ata 140 m³/h
-
Alturas ata 100 m
Aplicacións
-
Aplicacións xerais para auga doce e mariña
-
Arrefriamento
-
Calefacción
-
Aire acondicionado
-
Aplicacións navais
Bomba Azcue Serie CM
Bomba centrífuga vertical de acoplamento flexible

A CM é unha bomba centrífuga vertical deseñada para manexar grandes capacidades. As partes internas da bomba como o impulsor, selo mecánico, rodamentos de bolas, aneis de desgaste, etc. son fácilmente accesibles sen necesidade de remover a tubaxe de succión e descarga. Na serie CM, ademáis, non é necesario desmontar o motor nin as conexións eléctricas
Características
-
En ferro fundido ou bronce
-
Axeitada para espazos pequenos
-
Caudais ata 1.500 m³/h
-
Alturas ata 130 m
Aplicacións
-
Servizos navais xerais: broeira, lastre, lavado de cuberta ou extinción de incendios
-
Arrefriamento de auga doce e do mar do motor principal, caixa de cambios, etc.
-
Circulación e transferencia de salmoira
-
Circulación de auga en condensadores e xeradores de auga doce
-
Servizos de aire acondicionado e conxelación
-
Bombeo de líquidos claros ou lixeiramente cargados
Bomba Azcue Serie VM
Bomba centrífuga vertical en liña de acoplamento ríxido

Estas bombas centrífugas verticais dunha etapa con execución en liña son unidades compactas que requiren pouco espazo. As partes internas da bomba son accesibles sen necesidade de remover a tubaxe, aínda que inclúe un acoplamento ríxido entre bomba e motor, polo que é necesario a súa desmontaxe en tarefas de mantemento
Características
-
En ferro fundido ou bronce
-
Sinxeleza para tarefas de reparación e mantemento
-
Caudais ata 1.000 m³/h
-
Alturas ata 130 m
Aplicacións
-
Servizos portuarios e estaleiros
-
Condensador de circulación de auga
-
Calefacción e aire acondicionado
-
Plantas de enerxía
-
Sistemas de rego e abastecemento de auga
Bomba Azcue Serie LD
Bomba centrífuga vertical en liña con impulsor de dobre aspiración

"As irmás maiores", estas robustas bombas para caudais altos de ata 4.000 m³/h, teñen dobre aspiración e dobre voluta, e foron deseñadas con dous rodamentos de bolas lubricados con graxa que non entran en contacto co líquido bombeado
Características
-
Acoplamento flexible
-
Baixo NPSH e alto rendemento
-
Caudais ata 4.000 m³/h
-
Alturas hasta 60 m
Aplicacións
-
Propósitos xerais
-
Coxeración
-
Refrixeración
-
Aire acondicionado
-
Plantas de enerxía