Bombas somerxibles

As bombas somerxibles son un tipo de bomba de transferencia de fluídos que está completamente somerxida no líquido a bombear. Co seu motor herméticamente selado unido ao corpo da bomba, unha bomba somerxible funciona empuxando o fluído cara á superficie en lugar de tiralo cara arriba. Son ideais para a eliminación eficiente de augas residuais ou líquidos agresivos e abrasivos, así como en pozos profundos

Bomba somerxible Serie drenaxe

Bombas somerxibles de auga limpa

Odoo image and text block

Deseñadas para fluxo baixo en aplicacións domésticas, comerciais ou industriais. Son bombas sinxelas para usos lixeiros, con auga limpa e con reducido paso de sólidos, tanto na versión monofásica con interruptor de flotador coma trifásica

Características

  • Fabricadas en polipropileno-polietileno ou tecnopolímero resistente á auga, así como aceiro inoxidable

  • Equipadas cun interruptor de flotador para arrinque e parada automáticos da bomba, e válvula de retención na descarga como opción

  • Caudal máximo 16 m³/h

  • Altura ata 36 m

  • Inmersión máxima 10 m

  • Temperatura da auga ata 40º C

Aplicacións
  • Auga limpa, ideal para o seu uso en sistemas de augas pluviais e redes de rego

  • Bombeo de auga de tanques, estanques, pozos e nos lugares onde se require baixa presión

  • Achique de filtracións en adegas, garaxes, sotos, baleirado de piscinas...

  • Bombas somerxibles para uso fixo e portátil

Bomba somerxible Serie pozo

Bombas somerxibles tipo "lapis"

Odoo image and text block

Electrobombas somerxibles multietapa completamente en aceiro inoxidable resistente á corrosión, con grande rendemento hidráulico, e en forma de lapis para pozos con diámetros de 3 ", 4", 6 "u 8". Ideal para aplicacións que inclúen tanto subministración coma redución de auga subterránea, rego e aumento de presión

Características

  • Diámetros de 3", 4", 6" u 8" con múltiples impulsores

  • Soporte, motor e corpo superior en aceiro inoxidable

  • Caudais de ata 72 m³/h

  • Alturas ata 600 m

  • Temperatura da auga ata 40º C

  • Contido máximo de area na auga 50 gr/m³

  • Testadas segundo ISO 9906

Aplicacións
  • Recomendadas para elevación, distribución e presurización en instalacións hidráulicas civís e industriais

  • Montaxe en unidades de presión, cisternas, rego, sistemas de lavado, etc.

  • Abastecemento de auga doméstica e civil, rego, extinción de incendios, aplicacións industriais e sistemas de presión

Bomba somerxible Serie augas residuais 
Alto rendemento en bombeo de augas residuais

Odoo image and text block

Bombas deseñadas para bombear augas residuais municipais e industriais, efluentes e líquidos que conteñen sólidos e fibras. Con impulsores dunha soa paleta, múltiples paletas e vórtex dispoñibles con grandes condutos de sólidos, motores de 1 hp a 500 hp, a liña de augas residuais adáptase perfectamente ás súas necesidades de bombeo

Características

  • Unha ampla gama de impulsores dunha soa paleta, de paletas múltiples e vórtex deseñados para operacións de alto rendemento 

  • Bombas en ferro fundido de alta resistencia G25

  • Dispoñibles con aprobación FM para entornos perigosos

  • Temperatura da auga ata 50º C, segundo modelo

  • Sensores de temperatura e fugas instalados nos modelos máis grandes

Aplicacións
  • Evacuación da auga cargada con gases ou sólidos brandos en suspensión

  • Ideal para uso en fosas sépticas e prantas de tratamento de augas residuais

  • Drenaxe de augas sucias e augas xeralmente cargadas

  • Elevación de augas claras e lixeiramente cargadas ou arenosas a grandes alturas

  • Fontes, rego, pozos, cisternas, equipos contra incendios, etc.

Bomba somerxible Serie trituradora
Bombas somerxibles con sistema de corte

Odoo image and text block

As bombas trituradoras utilizan un innovador sistema de corte endurecido para triturar sólidos brandos e materiais fibrosos fora da bomba para evitar obstrucións. Estas bombas son ideais para augas residuais residenciais, domésticas e municipais, así como para aplicacións de gran altura

Características

  • Dispoñibles dende 1 hp ata 15 hp

  • Bombas en ferro fundido de alta resistencia G25

  • Caudais máximos 65 m³/h

  • Alturas ata 62 m

  • Sensores de temperatura e fugas instalados de serie

Aplicacións
  • Levantamento e decantación de residuos sucios de augas civís e industriais

  • Augas residuais comerciais e domésticas

  • Control de inundacións

  • Transporte de augas residuais

Bomba somerxible Serie aceiro inoxidable

Para as aplicacións máis agresivas

Odoo image and text block

Estas bombas están construídas con fundición sólida de aceiro inoxidable 316 ou dúplex e ofrecen rendementos hidráulicos idénticos ás súas homólogas de ferro fundido, para líquidos agresivos e corrosivos, especialmente recomendadas para auga de mar e os sectores civil, industrial e sanitario

Características

  • Bombas somerxibles en aceiro inoxidable AISI-316 ou dúplex

  • Caudais ata 120 m³/h

  • Alturas ata 85 m

  • Temperatura da auga ata 40º C

Aplicacións
  • Bombeo de líquidos agresivos e corrosivos, en particular para o drenaxe de líquidos procedentes de plantas químicas

  • Bombeo de augas residuais coma limos biolóxicos

  • Bombeo de auga de mar

  • Augas con residuos de industrias do coiro e papel, matadoiros, laboratorios farmacéuticos, residuos gandeiros, hospitales, almacéns...

Bomba somerxible Serie desaugado 

Drenaxe de augas turbias e areosas

Odoo image and text block

Esta serie de bombas de drenaxe está deseñada para bombear augas sucias, limpas e con sólidos abrasivos. Están diseñadas para a súa aplicación en sitios de construción, pozos, túneis, irrigación e en barcos

Características

  • Varios materiais como aceiro inoxidable ou ferro fundido

  • Dispoñibles con componentes de aceiro inoxidable para o seu uso en medios agresivos como a auga do mar

  • Caudais ata 37 m³/h

  • Alturas ata 20 m

  • Temperatura da auga ata 35º C

Aplicacións
  • Drenaxe, levantamento ou transferencia de augas areosas ou con lamas ou lodos

  • Bombeo de auga subterránea, auga de choiva, de fontes, augas residuais limpas e auga de ríos ou lagos

  • Auga con corpos sólidos de ata 12 mm

Especialistas en

equipos de bombeo tratamento da auga e depuración de augas residuais

Non dubides en poñeres en contacto con nós e cóntanos o qué podemos facer por ti